Marcola: UNHA RESOLUTA EN NOVÁS

María Marcolina González Dorado

Progreso. Esa é a palabra que mellor define a Marcola, unha muller avanzada aos seus tempos, que sempre foi un paso por diante da realidade que lle tocou vivir, rachando barreiras e teitos de cristal. A súa é unha historia de impoñerse aos tempos, á idade, ás adversidades e a calquera que a considerara unha persoa do montón.

“Marcola, nada María Marcolina González Dorado, tamén atende por Marcola, Colina e ata por Coli ou Cola, segundo quen a chame. Hoxe amenceu cansa e medio nerviosa. Leva uns días algo arrefriada e con pouca fame, cousa rara nela. Di que non durmiu ben e que nin ganas tivo, como tantas outras veces, de botar man das galletiñas ou doces agochados no caixón, para enganar o tempo e o estómago nas longas noites de inverno…”

Descarga o libro:

Proxecto promovido por: